publicidade hoxe

Xornadas para o aprendizaxe de defensa persoal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalMoeche
A-
A+

O departamento de Deportes organiza unha xornada de defensa persoal como conmemoración ao Día Internacional da Muller. Principalmente está dirixido para mulleres maiores de 16 anos, pero tamén está aberto para homes interesados neste tema. Realizaranse técnicas moi sinxelas de defensa persoal que se poden levar á práctica en calquera situación. Terá lugar o venres 8 de marzo ás 19:00 horas da tarde no pavillón municipal. O encargado de dirixila será Alberto Castro Pena, mestre nacional de Judo e Seleccionador Galego en categoría cadete desta disciplina.

A actividade será gratuíta, polo que bastará con presentarse á hora e lugar especificado anteriormente.

Para máis información:

Departamento de Deportes. Tlfos. 981404006/639417975 ou no correo electrónico: silvia.lamas@moeche.es

25 de febreiro de 2013 | 20:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.