XIX Xornada arredor da Camelia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalVedra
A-
A+

Este ano volvemos organizar a xornada na Estación de Tren de Santa Cruz de Ribadulla e contaremos coas seguintes mostras:

Día 24 de febreiro

• Traballo ornamental con camelia: elaborado polas asociacións e parroquias do concello. Igual ca noutras edicións, coa orixinalidade dos participantes crearase un colorido escaparate que terá como único protagonista  a camelia.
• Mostra de flor: todos os participantes contarán cun espazo mínimo de 1m2 para decorar coas súas camelias. Se desexan entrar a concurso deben identificar un máximo de tres flores dentro da súa composición. Os premios serán obras de arte doadas por Cándido Pazos.
• Mostra de Centros: elaborados con base de camelia, exporanse todos aqueles que se presenten, tanto se deciden concursar coma se non.
• Fotocamelia 2013: mostra das fotografías presentadas ao concurso.
• 13º Concurso de Pintura infantil, mostra dos traballos que os nenos e nenas presentaron ao concurso.
• Escaparate de viveiros e xardíns.

As persoas participantes contarán cun agasallo pola súa colaboración.

Programa:

9:00 -12:00 h. Preparación das exposicións
12:30 h. Inauguración da xornada por Don Antonio Crespo Iglesias,       
             Director Xeral de Desenvolvemento Rural da Conselleria  de Medio Rural e      do Mar e Director Xeral de AGADER.
13:15 h. Concerto: A Gaita de Sarandón – Requinteiros da Ulla.
13:45 h. Viño Galego
17:00 h. Presentacion do libro: Terra, festas e música popular. Pequenas historias     de Vedra de 1891 a 1900. Autor: Henrique Neira Pereira.
18:00 h. Entrega de premios e agasallos de participación.
19:00 h. Concerto da Escola de Música de Santa Cruz de Ribadulla 20:00 h. Clausura e peche das exposicións.

A partir das 16:30 h. E durante toda a tarde contaremos con obradoiros de animación para nenos (inchables, xogos populares, pintura de cara,..)

Día 2 de marzo

Pazo de Santa Cruz de Ribadulla, 11:00h
VISITA GUIADA AO PAZO DE SANTA CRUZ DE RIBADULLA, PARAÍSO SEÑORIAL E MUNDO DE CAMELIAS.
CARLOS RODRÍGUEZ DACAL. Botánico

Esta ruta lévanos a percorrer e descubrir con novos ollos o Pazo de Santa Cruz de Ribadulla da man de Carlos Rodríguez Dacal, botánico e Catedrático de Ciencias Naturais.
Esta actividade será gratuíta, pero é preciso incribirse no teléfono 981814691 ou no stand da organización durante a xornada do día 24 na Casa da Estación do Tren.

Día 7 de marzo

Viveiro de Ortigueira, 16:00h
OBRADOIRO PRÁCTICO DE REPRODUCIÓN, COIDADOS E AGARIMOS DA CAMELIA NO VIVEIRO DE ORTIGUEIRA

Obradoiro impartido polo noso amigo Jose Luís Mogo Otero, viveirista e encargado do Vivieiro de Ortigueira, que nos guiará na reprodución, solución de enfermidades e pragas da camelia dende o punto de vista dun viveirista experto no seu coidado.
As prazas son limitadas polo que é preciso inscribirse antes do martes 5 de marzo no teléfono 981814691 ou no stand da organización durante a xornada do día 24 de febreiro.

Día 17 de marzo

RUTA CICLOTURÍSTICA EN BTT DA CAMELIA POLO VAL DO ULLA

Deportistas de toda a comunidade terán a oportunidade de participar nesta marcha Btt e percorrer as paraxes vedresas ao tempo que practican o seu deporte favorito.
O percorrido rondará os 40 kms, é cualificado de dificultade media. Partirá do Campo da Festa de Tomonde (situado na parroquia de Sta Cruz de Ribadulla) ás 09.30 h da mañá e estará aberto a todos os públicos.
Máis información no blog vedraconecta.blogspot.com.es

26 de febreiro de 2013 | 19:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.