XIV Cross Escolar do Val Miñor

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBaionaLocal
A-
A+

O vindeiro domingo día 3 de febreiro, a partir das 10:45 horas no antigo campo de fútbol de Santa Marta, en Sabaris, Baiona, celebrarase a XIV Edición do Cross Escolar do Val Miñor, sendo este ano unha proba de carácter oficial e clasificatorio para o Cross Escolar Provincial. O cross está organizado pola Dirección Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, Agrupación escolar do Val Miñor e a concellería de Deportes do Concello de Baiona.

O presente Cross previsto para o pasado día 27 de enero aplazouse debido ás malas e confirmadas previsións meteorolóxicas que padecimos sindo este o motivo do seu aplazamento para este domingo día 3 de febreiro.

As inscripcións formuladas son moitas e mantemos as cifras de participación moi elevadas xa que actualmente son 956 os escolares participantes repartidos entre todas as categorías participantes, sendo ademais moi numerosa a cantidade de colexios e agrupacións deportivas as que participan.

As distancias e recorridos a lograr polos atletas diferencianse por categorías contando o cross con as siguientes; chupetes, Pre-benxamines, benxamines, alevines, infantis e cadetes tanto nas categorías masculinas como femeninas.

A concellería de Deportes de Baiona continua así, a súa programación deportiva en edade escolar, e quere realizar un chamamento a todos os pais e nenos para que se animen e participen nesta nova edición do cross escolar.

8 de febreiro de 2013 | 10:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.