publicidade hoxe

Ximnasia de mantemento para mulleres

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFriolLocal
A-
A+

Esta actividade continuidade do curso celebrado no pasado 2012 é moi demandado polas veciñas de Friol, maiores de 18, que poderán participar tódolos luns e mércores a partir das 9 da noite no Polideportivo Municipal, de clases aeróbicas e de mantemento con monitor especializado, durante unha hora, dun xeito totalmente de balde.

As interesadas poderán apuntarse durante o curso, ata completar prazas, sendo o día 7 de xaneiro a primeira clase de presentación, deberán acudir con chándal e calzado axeitado e asinar a solicitude de inscrición, onde deberá figurar calquera incidencia ou doenza que limite a práctica de deporte.

As solicitudes poderán entregarse no Concello, en horario de oficina, ou no propio curso.

22 de febreiro de 2013 | 18:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.