XII Concurso Gastronómico de Doces de Antroido

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalMalpica de Bergantiños
A-
A+
Doces premiados

Doces premiados

Na tarde do martes día 12 de febreiro tivo lugar no Centro Cívico de Malpica o XII Concurso Gastronómico de Doces de Antroido, cunha altísima participación de concursantes e público, máis de 60 doces concursaron por acadar os primeiros premios nas diferentes categorías.

Os gañadores desta XII edicción foron segundo as diferentes categorías:

Categoría Profesional

1.- Restaurante As Garzas cunhas riquísimas Tellas de Améndoa.
2.- Restaurante do Golf (Razo) cunha excepcional presentación dun exquisito Cremoso de Requeixo da Capela.
3.- Cafetería JB cun delicioso Puding de Pan e Plátano.

Categoría Amateur

1.- Alejandro Allo cunha orixinal Tarta Fantasía.
2.- Anabel Verdes Rama por unha saborosa Tarta de Leite Condensada.
3.- Cristina Freire Blanco pola orixinal presentación duns Pasteliños de Limón.

Categoría Infantil

1.- Xela e Raúl Pérez que presentaron unas deliciosas Galletas da Amizade.
2.- Alba Villanueva Fernández por unha orixinal presentación dunhas riquísimas Magdalenas Pitufas.
3.- Manuel Balsa Balboa por unha delicada presentación dunhas exquisitas Valentine Cupcake.

25 de febreiro de 2013 | 20:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.