Volandeiras e Lady Gaga triunfan no concurso de disfraces

Vista do concurso de Entroido
Unha rapaza cun traxe moi elaborado a base de cunchas de volandeira e unha moza caracterizada como a cantante Lady Gaga obtiveron os premios principais no concurso individual de disfraces celebrado no salón José Peña. Os gañadores en individuais obtiveron unha compensación económica de 100 euros.
En parellas impuxéronse Fondo Mariño, dous rapaces representando un cabaliño e mais unha estrela de mar, e El Cazador Cazado, unha alegoría crítica do Rei cazando elefantes.
No apartado de grupos impuxéronse Agatha Ruiz de la Prada, nenos caracterizados con roupas inspiradas na coñecida deseñadora, e Fondo de Inversión, buceadores de principios do século XX con escafrandras. Parellas e grupos recibiron como premio 250 euros.
Preto dun milleiro de persoas ateigaron o salón José Peña nunha festa moi animada que contou coa actuación do televisivo Isi, a música disco de DJ Studio XXI e mais a animación das charangas Krazzy Cabuxas e Vellas Glorias de Vilanova.











