Un foso de remo para o edificio de deportes náuticos da Pobra
Grazas ó investimento da Deputación Provincial da Coruña, o edificio de deportes náuticos da Pobra contará por fin cun foso de remo. Así se aprobou no pleno da Deputación Provincial o pasado venres 22 de febreiro.
O convenio de colaboración co Concello da Pobra do Caramiñal supón un investimento provincial de máis de 47.000 euros, o que suma o 85,26 % do orzamento total dunha actuación que ascende a un total de 55.436,15 euros.
O proxecto permitirá a construción de dous depósitos de formigón armado revestidos de poliéster cunha plataforma central na que se instalarán tódolos elementos necesarios para a práctica do remo. Ademáis colocaranse espellos perimetrais que permitan ós deportistas que forman parte da entidade, a mellora da súa técnica.











