publicidade hoxe

Terras de Iria en Turexpo Galicia 2013

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDodroLocal
A-
A+
Representación municipal na feira

Representación municipal na feira

Terras de Iria é un dos 247 expositores de Turexpo Galicia 2013 que se celebra en Silleda do 22 ao 24 de febreiro.

Co lema “Onde nace o Camiño” os concellos de Padrón, Rois e Dodro queren dar a coñecer os tres municipios e promocionalos turísticamente.

O Stand está situado no pabillón 1, stand D12.

Os alcaldes dos tres concellos estiveron presentes hoxe na inauguración que estivo a cargo de Alfonso Rueda Valenzuela, Vicepresidente e Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia e Presidente da Fundación Semana Verde de Galicia.

25 de febreiro de 2013 | 19:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.