publicidade hoxe

Sube a natalidade en Pontedeva

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalPontedeva
A-
A+
Futuras mamás

Futuras mamás

Marta, Beatriz e María José son tres das catro protagonistas deste ano en Pontedeva. Nativas de este pequeno concello, nuns meses verán como os seus cativos xogan nos parques nos que elas compartiron xogos e aventuras.

Estas futuras mamás aseguran que “o pobo non o cambiaríamos por absolutamente nada”. A súa definición de calidade de vida resúmese con unha mirada pola ventá da súa casa: natureza en estado puro, estrés mínimo.

A única pega que recoñecen nesta nova etapa das súas vidas e non contar con unha gardería.

A idea xa está plantexada e os responsables municipais, empezaron a traballar no proxecto da creación dun servizo de guardería infantil aproveitando o espazo recuperado nas antigas escolas de a veiga.

15 de febreiro de 2013 | 10:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.