publicidade hoxe

Salón Galego de Gastronomía e Turismo XANTAR

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalLocal PortadaO Barco de Valdeorras
A-
A+

O Salón Galego de  Gastronomía e Turismo XANTAR se celebra en Ourense entre os días 6 e 10 de marzo, coa presenza do Concello do Barco, que disporá dun stand no que se ofrecen os seguintes menús:

MENÚ 1

Crema de variado de cogomelos e castañas con picatostes
Botelo con grelos e patacas
Torta de roxóns e noces en salsa fina de marmelada de Mencía
Pan e viño D.O. Valdeorras

Prezo: 20 €

MENÚ 2

Táboa de embutidos artesáns
Flor de ovo con fritada de pementos de Oímbra e lascas de queixo
Arroz de Pobo con androlla
Medallóns de cervo albardado con compota de froitos do bosque e milfollas de pataca e grelos
Torta de castañas con xeado de leite merengado e salsa de canela
Pan e viño D.O. Valdeorras

Prezo: 29 €

Na presente edición a feira se adica,  o sábado día 9 de marzo, á Vila do Barco, cun programa de  actos que se inicia ás 12:00 horas coa recepción aos asistentes por parte dos membros do padroado de Expourense. A continuación está programada unha visita aos distintos expositores presentes no Salón Galego de Gastronomía e Turismo, e rematarase cun xantar no stand do Concello do Barco, no que se degustarán os pratos incluídos no Menú 1, ao prezo de 20 € por comensal.

Do mesmo xeito que se veu facendo nos últimos  catro  anos, e co propósito de apoiar o acto de recoñecemento do sábado día 9 de marzo, o Concello do Barco pon a disposición dos interesados en asistir, e de xeito gratuíto, un autobús que sairá da Praza do Concello ás 9:30 horas.

Os interesados teñen que confirmar a súa asistencia ata o xoves, día 7 de marzo, chamando ao teléfono do Centro Comercial Aberto O Barco 988 32 11 50.

22 de febreiro de 2013 | 17:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.