Rodríguez participou na apertura da XVII Feira da Orelheira e do Fumeiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalínLocal
A-
A+
Instante da visita

Instante da visita

Na visita, o edil puido comprobar a similitude dos “tratamentos que os produtores cabeceirenses fan aos seus embutidos e carnes derivadas do porco, as cales curan e afuman dun xeito similar ao noso, aínda que cun afumado máis intenso o que lle dan un sabor diferenciador do de aquí”. Ademais de asistir á feira, o edil tamén mantivo unha reunión de traballo para avanzar “a presentación do Cocido no exterior que se celebrará o vindeiro 7 de marzo nesta localidade.

O concelleiro de Turismo, José Antonio Rodríguez, participou na tarde noite do venres na inauguración da XVII Feira da Orelheira e o Fumeiro da localidade portuguesa de Cabeceiras de Basto, un certame anual onde se dan citas os principais produtores de enchidos -embutidos- e afumados de todo o norte de Portugal, así como os produtores de produtos típicos da zona de Basto -queixos, mel, aceite e viño verde-, devolvendo a visita que cursou unha expedicion lusa, encabezada polo presidente Joaquin Barreto, a pasada fin de semana á Feira do Cocido.

Rodríguez acompañou na visita aos máis de 70 stands da feira lusa, na que se negociará a presenza de produtores lalinenses para a próxima edición, ao presidente da cámara cabeceirana, Joaquim Barreto, e ao secretario de Estado de Alimentación e Industrias Agroalimentarias, Alexandre Brito, quen dende a súa condición de veterinario comentou ao concelleiro lalinense coñecer Lalín e a “calidade dos queixos que se elaboran neste rincón da Galicia”.

Na visita, o edil puido comprobar a similitude dos “tratamentos que os produtores cabeceirenses fan aos seus embutidos e carnes derivadas do porco, as cales curan e afuman dun xeito similar ao noso, aínda que cun afumado máis intenso o que lle dan un sabor diferenciador do de aquí”. Tamén destacou que, pese ás similitudes, “os produtos finais son, salvando chourizos, lacóns e cachuchas, moi diferentes, con produtos como alleiras, botelo ou lomos embutidos que aquí apenas teñen implantación”.

Rodríguez louvou o bo traballo que “fai Barreto e o seu equipo na difusión dos seus produtos típicos que van dende o aceite e o viño, pasando por embutidos ou mel”, un campo no que “nos tamén estamos a traballar e sobre a que podemos intercambiar experiencias como ocorreu en Lalín e Cabeceiras esta semana”.

Ademais de asistir á feira, o edil tamén mantivo unha reunión de traballo para avanzar “a presentación do Cocido no exterior que se celebrará o vindeiro 7 de marzo nesta localidade lusa”.

11 de febreiro de 2013 | 12:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.