Reunión para a constitución da Comisión Local de Seguridade

Instante da reunión
No Salón de Plenos do Concello do Concello, desenvolveuse unha reunión extraordinaria para constitución da Comisión Local de Seguridade. Esta reunión foi convocada conxuntamente polo Alcalde de Xove Demetrio Salgueiro e o Subdelegado do Goberno Ramón Carballo. Á mesma tamén estaban convocados representantes da Guardia Civil e da Unidade de Tráfico, representante da Policía Nacional, Representante da Policía Autonómica, Concelleira de Servizos Sociais, Xuventude, Muller e Igualdade, Jefa da Unidade contra a violencia sobre a muller, e tamén asistiron á mesma membros da Policía Local de Xove (corpo de vixiantes municipais). Actuou como secretario da reunión, o Secretario do Concello de Xove.











