Publicadas as bases do VII Certame de Poesía Xosé A. Barral

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalO Grove
A-
A+

O IES As Bizocas convoca un ano máis o seu Certame de Poesía Xosé A. Barral, destinado ao alumnado que estea cursando ESO ou bacharelato no curso 2012/2013.

Nesta sétima edición do certame, o Concello do Grove, a través da Concellería de Educación, colabora coa achega económica dos premios que se concedan.

A data límite de recepción de orixinais é o 15 de abril de 2013.

20 de febreiro de 2013 | 13:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.