publicidade hoxe

Proxectos europeos dirixidos á xuventude

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalMuros
A-
A+

A Fundación PAIDEIA GALIZA en colaboración co Concello de Muros está traballando en dous proxectos europeos de mobilidade de mozos e mozas, que son LA IDA e o SERVIZO DE VOLUNTARIADO EUROPEO.

LA IDA consiste na realización de prácticas laborais en Alemaña de mozos e mozas galegos de 16 a 30 anos con diferentes perfís: cursando programas de cualificación profesional inicial (PCPI), sen formación e de difícil inserción e con formación (profesional/universitaria) que leven 6 meses desempregados. A duración é entre 4 e 6 semanas. As condicións varían en función do perfil do grupo.

Por outra banda, o SERVIZO VOLUNTARIADO EUROPEO, está dirixido a xovens de entre 18 e 30 anos e non se require formación específica. A duración é entre 6 e 12 meses . As persoas beneficiarias desenvolverán tareas de voluntariado en diferentres proxectos (sociais, culturais, medioambientais…) nun País Europeo. Recibirás diñeiro de bolsillo para os teus gastos, manutención, aloxamento, formación lingüística e o 90% dos gastos da viaxe. A finalidade destes programas é a de proporcionar aos mozos e ás mozas unha experiencia transnacional que lles sirva como cualificación complementaria e mellora das competencias e do currículum formativo.

Se queres máis información sobre este tema, achégate ao Concello ou chama ao teléfono 981 826 050 [Manuel].

27 de febreiro de 2013 | 10:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.