publicidade hoxe

Programación deportiva “Primavera Activa”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalMoeche
A-
A+

Durante os meses de Marzo e Abril a Concellería de Deportes organizará unha serie de actividades para toda á poboación.

Programa Activad@s: Organiza Concellería de Deportes xunto coa de Servizos Sociais. Levarase a cabo os Mércores 3, 16 e 20 de Marzo de 2013 de 17:00 a 18:30 horas na sala de usos múltiples da casa do Concello, situado na planta baixa do mesmo. Estará dirixido para persoas maiores de 40 anos e terá carácter gratuíto.

Xornada de Defensa Persoal: Actividade gratuíta que terá lugar o venres 8 de marzo ás 19:00 horas no pavillón municipal. Poden participar todas aquelas persoas que sexan maiores de 16 anos.

Roteiros de sendeirismo

Roteiro PR-G 153: Augas de Fomiñá- A Pastoriza: Domingo 17 de Marzo. Distancia: 12,6 km, dificultade baixa.

Roteiro PR-G 148: Ponteceso-Corme: Domingo 21 de Abril. Distancia: 16 Km, dificultade baixa.

Móvete en familia: Actividade dirixida para todos os públicos. Realizarase o Martes 26 de Marzo ás 18:30 horas no pavillón municipal.

Semana Saudable: Os días 10 e 12 de abril de 10:00 a 11:00 horas, impartiranse clases gratuítas no parque biosaudable, situado ao carón da casa do Concello. As clases serán dirixidas pola técnica de deportes do Concello. En caso de que non acompañase o tempo, a actividade levaríase a cabo o 17 e 19 de abril. Ao ser unha actividade gratuíta, os/as interesados/as deberán presentarse no parque á hora anteriormente citada.

Día Internacional da Danza: O martes 30 de abril de 15:30 a 17:00, as alumnas da Escola Municipal de Baile Moderno realizarán unha clase aberta ao público. Terá lugar no pavillón municipal de Deportes.

25 de febreiro de 2013 | 20:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.