Programa Activad@s para maiores de 40 anos
Activad@s é un programa que pretende o fomento da actividade física regular nas persoas maiores de 40 anos. Este proxecto está organizado por servizos sociais e o departamento de deportes en colaboración coa Deputación da Coruña.
Esta actividade componse de tres talleres durante os cales abordaranse os seguintes temas:
Papel do exercicio físico na prevención e tratamento das efermidades cardíacas (Mércores 6 de marzo ás 17:00 horas)
¿Que podemos facer para que os nosos ósos permanezan fortes por máis tempo? Mellora da calidade ósea e prevención das caídas. (Mércores 13 de marzo ás 17:00 horas)
Mens sana in córpore sano. Manterse activa físicamente fai que a nosa mente tamén se active (Mércores 20 de marzo ás 17:00 horas).
Os talleres levaranse a cabo os días 6,13 e 20 de marzo de 2013 na sala de usos múltiples da casa do Concello, situado na planta baixa do mesmo, en horario de 17:00 a 18:30 horas. As persoas encargadas de dirixilos serán licenciadas en Ciencias da Actividade Física e o Deporte pertencentes á Fundación Educación, Deporte e saúde.
Os/as interesados/as en participar poderán realizar as inscricións no departamento de deportes ou servizos sociais en horario de mañá, nos teléfonos 981404006/639417975 ou por correo electrónico: silvia.lamas@moeche.es. A actividade será gratuíta.