Primeira reunión de traballo cos responsables de Unipublic

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalínLocal
A-
A+
Reunión con Unipublic

Reunión con representantes de Unipublic

O equipo de traballo estivo a valorar varios opcións de trazado polas distintas rúas do casco urbano e a viabilidade dos mesmos, así como a ubicación do amplo desplegue técnico que acompaña a saída da volta na capital dezana // Pedro Lezaun, director de produción da Volta Ciclista, destacou as posibilidades que ofrece o casco urbano lalinense para afrontar un evento deste tipo ao poder dispor de varias áreas de rúas anchas e espazos abertos nos que ubicar o amplo desplegue de intendencia.

O alcalde de Lalín, José Crespo, o xefe da Polícia Municipal, Jesús López Cuñarro, acompañados de técnicos municipais mantiveron onte a primeira reunión de traballo co persoal de Unipublic para avanzar na organización e programación da saída da cuarta etapa que partirá, baixo o nome de KM0 de Galicia-Cabo do Mundo, de Lalín para achegarse a Fisterra tras percorrer 186,4 kilómetros.

O equipo de traballo, reunido na casa consistorial, estivo a valorar varios opcións de trazado polas distintas rúas do casco urbano e a viabilidade dos mesmos, así como a ubicación do amplo desplegue técnico que acompaña a saída da volta na capital dezana. Trazados e ubicacións que quedarán concretados en vindeiras reunións cando o equipo técnico do evento o analice con detemento, aínda que nesta primeira toma de contacto “se amosou moi satisfeito cas posibilidades que ofrece o casco urbano, tanto para realizar percorridos como para a ubicación da ampla montaxe que acompaña á volta”, explicou o alcalde.

Tras ver sobre o papel as distintas posibilidades, o equipo de media docena de técnicos de Unipublic percorreron as rúas lalinenses que poderían formar parte do percorrido antes de enlazar ca N640 onde se producirá a saída lanzada da proba.

12.000 metros cadrados de montaxe

O desplegue da volta ocupará preto de 12.000 cadrados nos que se situarán dende o “Village” que supón a instalación de máis de 30 carpas, unha zona VIP, o control de Firmas, autobuses de prensa e servizos, arcos de saída, e un sinfín de aparcamentos nos que ubicar os 20 autobuses, os maís de 70 vehículos que forman parte da serpe multicolor e unha manchea de vehículos máis que conforman os máis de 2 km de vehículos que se pon en marcha con cada saída da volta.

Pedro Lezaun, director de produción da Volta Ciclista, destacou as posibilidades que ofrece o casco urbano lalinense para afrontar un evento deste tipo ao poder dispor de varias áreas de rúas anchas e espazos abertos nos que ubicar o amplo desplegue de intendencia.

Na xuntanza, participaron xunto a Lezaun os responsables de montaxes de saída e de punto de encontro de corredores e o responsable de prensa da volta.

O alcalde de Lalín remarcou que “temos que aproveitar a oportunidade que nos brinda un escaparate como é a saída de unha das etapas da volta ciclista a España para dar a coñecer o noso Concello en todos os lugares onde se segue a ronda ciclista española que son moitos”.

O mirador de Ézaro a escasos Kilómetros da meta

A cuarta etapa da volta terá a súa partida de Lalín, seguindo en dirección a Agolada para dirixirse a Brántega, A Moa, Bandeira, para despois coller en dirección a Ponte Ulla, dende onde collerá xa en dirección a Santiago de Compostela. Esta etapa será unha das máis espectaculares da ronda por Galicia xa que afrontará a subida ao Mirador do Ézaro que o pasado ano constituiu unha das subidas máis espectaculares da edición.

11 de febreiro de 2013 | 12:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.