publicidade hoxe

Presentación oficial da 38ª Festa do Queixo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaArzúaCalendarioLocal
A-
A+
Presentación da 38 Festa do Queixo

Presentación da 38ª Festa do Queixo

Jose Luís García,  alcalde de Arzúa, destacou a semana previa de actividades: a estrea dun ciclo de cinema clásico, coa presentación a cargo do xornalista e crítico musical e cinematográfico Moncho Lemos; a charla-coloquio sobre o futuro do queixo en Radio Arzúa (organizada pola Queixería Barral) e tamén o variado programa de obradoiros desta edición: repostería creativa con queixo, percusión, reciclaxe…

Deu tamén os seguintes datos sobre as queixerías e o evento:

  • 32 queixerías anotadas con DOP + centro de divulgación do queixo e do mel
  • 40 queixerías sen denominación (11 postos de tradicionais con PLT  29 postos de tradicionais sen PLT)
  • Convite por vez primeira a concellos da Mancomunidade do Camiño Francés, e D.O.s, D.O.Ps e I.X.Ps produtos galegos de calidade. Presenza dos concellos de Melide, Boimorto, Portomarín…
  • 15 colaboradores/as, mocidade de Arzúa, que levarán vales de compra no comercio local
  • Aforro xeral (ou menor gasto). Esforzo en seguir facendo as cousas ben, a poder ser, mellor cada ano
  • 19 empresas colaboradoras, con implicación de todos os sectores, provedores e non provedores da festa
Jose Ramón Bernárdez, resp. do Concurso Queixo Maquetón, destacou na súa intervención a presentación da 5ª edición do concurso de maquetas, ‘Queixo Maquetón’. Ginmástica (Alicante) foi o gañador, entre a moita variedade de procedencias de todo o Estado, recibindo este ano 180 propostas.

Xose Luís Carrera, presidente do C.R.D.O.P. Arzúa-Ulloa, destacou na súa intervención, a presentación do 7º concurso de tapas e petiscos. Cada un dos 20 establecementos participantes (récord do concurso) preparará un mínimo de 100 tapas o vernes 1 de marzo de 6 da tarde ás 11.30h da noite. Igualmente, que o gañador terá a tapa premiada tamén durante todo o mes despois da festa.

Alberto Alfonso, director de Art Music Agency, produtora do Festival do Queixo, presentou polo miúdo a programación do Festival do Queixo 2013. Salientou a calidade deste festival gratuíto e a presenza individual e conxunta dos integrantes de La Pandilla Voladora, un proxecto único que nace en exclusiva en Arzúa.

Jose Luís García, alcalde de Arzúa pechou o acto lembrando o pregón e acústico que como é xa habitual o acompaña no recinto, extendendo convite a tod@s os veciñ@s de Arzúa, comarca e visitantes.

Destacou tamén o agradecemento empresas e institucións colaboradoras. A colaboración importante nos obradoiros de repostería creativa do E.F.A. Piñeiral pola cercanía. A da D.O.P Arzúa- Ulloa pola cesión de queixos e a cata de queixo nos centros educativos, así como a boa evolución do concurso de petiscos. Rematou lembrando e as actividades dispoñibles no Centro do Queixo e do Mel, así como tamén o esforzo feito para manter a calidade do Festival do Queixo: cun proxecto q nace na vila, e o domingo como novidade con 3 concertos. Melidaos, Carapaus e Cristina Pato.

Ao remate, agasallouse a todos os medios cun queixo cedido polo Consello Regulador e fixemos unha foto co mandil da festa e o cartel 2013!

27 de febreiro de 2013 | 11:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.