Presentación dun curso para a obtención do graduado en ESO

Presentación do curso
A área de educación do concello de O Carballiño presentou hoxe unha nova edición dos cursos para a preparación destinados á obtención do graduado en ESO. Este curso será impartido no aula da nave municipal da Uceira, e desenvolverase en horario de tarde, de 20:00 a 22:00 horas, para facilitar aos alumnos a asistencia ao mesmo, ao tratarse a maioría de persoas maiores de idade, que teñen cargas laborais ou familiares.
O curso desenvolverase desde o 18 de febreiro ata o 31 de maio, de luns a venres no horario antes mencionado. A edil de educación Pilar Caride estivo informándose antes da presentación do curso das liñas docentes que se desenvolveran durante o mesmo, coa profesora encargada do mesmo.
Para a edil de Educación os procesos formativos son imprescindibles para abrir portas no mercado laboral, por iso segue apostando por este tipo de cursos, para dar máis facilidades aos veciños da vila.











