publicidade hoxe

Presentación Campionato Patinaxe Artístico Trofeo Deputación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalPonteareas
A-
A+

Mañán xoves, día 21 de febreiro, as 12:00h no Salón de Plenos do Concello de Ponteareas, convócase Rolda de Prensa para presentación do Campionato Autonómico de Patinaxe Artístico Trofeo Deputación, que se celebrará este sábado, día 23 de febreiro no Pavillón Álvaro Pino en Ponteareas, dende as 10:00h ata as 19:30h.

Colaboran no mesmo a Deputación de Pontevedra, a Federación Galega de Patinaxe e o Concello de Ponteareas, e organiza o Club Luar de Patinaxe Artística.

Presentarán o acto o alcalde, D. Salvador González Solla, o concelleiro de Deportes, D. Alberto Novoa, a deputada provincial da Deputación, Dna Marta Iglesias, o responsable de Deportes da Deputación, D. Fran Teixera, e a presidenta do Club LUAR, Dna Belén Villar González.

20 de febreiro de 2013 | 14:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.