publicidade hoxe

Ponteareas acometerá a dixitalización cartográfica da rede de saneamento municipal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalPonteareas
A-
A+

A Xunta de Goberno Local decidiu iniciar os traballos de dixitalización cartográfica da rede de saneamento municipal, comezando coa rede de saneamento nas parroquias de Xinzo, Arnoso e Areas, para continuar co saneamento nos barrios de Canedo e As Cachadas entre outros, sinalou o alcalde Salvador González.

“Durante o ano 2012 e o que levamos de 2013 no departamento de medio ambiente se levaron a cabo traballos de dixitalización dos proxectos iniciais e das obras reaias executadas, incluíndo os bombeos existentes. Ao mesmo tempo se procedeu a realizar o padrón de usuarios, relacionando ditos usuarios coa referencia catastral das vivendas conectadas”, comenta o alcalde Salvador González. Para rematar estes traballos, haberá que xeolocalizar todos os sumidoiros existentes e acometidas coa finalidade de poder actuar con maior rapidez no momento no que xurda unha avaría ou para verificar a existencia de verteduras incontroladas.

“A xeolocalización da infraestrutura, unido a unha inspección continuada permitirá verificar non so o correcto estado de mantemento da rede de saneamento, senón que permitirá manter a vixilancia e controlar as conexións ilegais e sen autorización á propia rede”, comenta Solla.

Os traballos de dixitalización dos bens e infraestruturas municipais se veñen realizando no departamento de medio ambiente e servizos comúns dende hai algo máis de un ano e, entre outros traballos realizados, se atopan a localización física xeorreferenciada do inventario de colectores e dos puntos de recollida de residuos vinculados a un Sistema de Información Xeográfico, captacións de auga da traída municipal ou zonas afectadas polos lumes. Do mesmo xeito, o técnico municipal colabora coa Deputación Provincial na cumprimentación dos datos da EIEL (Encuesta de Infraestructura de Equipamientos Locales), sendo un dos poucos concellos da provincia que facilita dita enquisa en formato shapefile de maneira que ditos datos sexan aprobados e formen parte da WMS (Web Map Service) da Deputación Provincial.

20 de febreiro de 2013 | 14:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.