Palas de Rei promocionase en Turexpo
Representantes do Concello de Palas de Rei acuden, acompañados de persoal municipal, ó III Salón Turístico de Galicia, que se celebra esta fin de semana na localidade pontevedresa de Silleda. TUREXPO, unha da máis destacadas feiras autonómicas en canto a promoción do turismo, co III Salón de Turísmo converterse nunha efectiva plataforma comercial, ao promover a interacción directa da demanda do sector do turismo cunha atractiva oferta de calidade.
Suporá así unha ocasión inmellorable para establecer contacto con potenciales proveedores, fortalecer relaccións, coñecer novas propostas e xerar negocios de gran interés.
Turexpo alberga unha área expositiva que conformará un auténtico catálogo en vivo de propostas e destinos as que se sumará una gran Bolsa de Contratación con numerosos turoperadores que se achegen ao conxunto do sector. Agárdase que preto de 92 turoperadores de 24 países participarán o próximo fin de semana en dito evento. Entre outros acuden operadores de Alemanía, Argentína, Austria, Brasil, China, Dinamarca, Estado Unidos, España, Finlandia, Francia, Holanda, India, Islandia, Japón, Italia, México, Noruega, Polonía, Portugal, Reino Unido, República de Corea, Rumanía, Rusia, Suecia e Uruguay.
O venres 22 de 10.00h. a 14.00h. e de 16.00h. a 20.00h. e o sábado 23 de 10.00h. a 14.00h. o Pabellón 1 acolle o lugar da Bolsa de Contratación Turística Internacional e Nacional.
O Concello de Palas que ten habilitado material divulgativo específico para o evento, contando ademais coas firmas como: Arqueixal, La Cabaña, Parada das Bestas, Muiño Roxan, Pazo de Mariñao en dito Salón Turístico, donde compartirá Stand co Concello limítrofe de Melide.
A súa vez, cabe salientar que no obxetivo de promover o turismo, neste caso, a traverso da gastronomía, o Concello de Palas de Rei tamén ten previsto participar na Feira Gastronómica en Expourense de “Xantar 2013; Salón Galego da Gastronomía e do turismo” ao que acudirá con un stand de productos autóctonos.











