Os museos abren as súas portas despois dun descanso para acondicionamento
Os Museos pertencentes á Rede Museística de municipal retoman a partir do 9 de febreiro a súa actividade en horario de INVERNO, tras un pequeno parón para labores de acondicionamento.
O Museo Galego do Xoguete e o Museo do Coiro seguen co mesmo horario, este é:
Sábados, domingos e festivos de 12: 00h-14.00h e de 17:00h-19:00h
O Museo do Tecido péchase temporalmente por traslado
O Muiño do Burato ten as seguintes datas de apertura :
9-10 de febreiro
Semana Santa
20-21 de abril
1 de maio
4-5 de maio
17-18-19 de maio
22-23-24 de xuño
A Fundación Vicente Risco e a Fundación Aser Seara poderán visitarse concertando visitas guiadas para grupos, facendo reserva previa en Reatur – 988442006 ou 988440126
A entrada segue sendo a 1 euro, pero déixanse de vender os bonos.
Entrada gratuíta: Presentando a tarxeta de cidadanía e Nenos/as ata catro anos











