Os comerciantes de Tomiño organizan unha feira de oportunidades e artesanía

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalTomiño
A-
A+

Colaboran tamén co evento, que terá lugar os días 23 e 24 de febreiro, ARCO Baixo Miño, Consellería de Innovación e Industria e Comparsa Estrelas da Noite

ADETO (Asociación de Comerciantes de Tomiño) organiza coa colaboración do Concello de Tomiño a Feira de Oportunidades, Artesanía e Exposición de arte, que terá lugar os días sábado  23 e domingo 24, no pavillón polideportivo de Goián.

Co evento, que terá un horario de apertura de 10.30 a 20.30 horas ambos os dous días, colaboran tamén a asociación de artesáns ARCO Baixo Miño, Consellería de Innovación e Industria e Comparsa Estrelas da Noite, de Tomiño.

20 de febreiro de 2013 | 16:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.