Os alumnos da Escardia abren unha nova edición dos Obradoiros de Bebidas Saudables

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalVilagarcía de Arousa
A-
A+

Os obradoiros de bebidas saudables englóbanse dentro dun Subprograma de Educación para a Saúde deseñado polo equipo de Prevención do SPAD a efectos de informar aos cativos sobre os efectos nocivos do alcohol e sobre a adición que se pode crear, á vez que se lles proporcionan alternativas sobre bebidas saudables que eles mesmos poden elaborar tato para prescindir do alcohol como das bebidas azucradas comerciais que tamén poden resultar prexudiciais se se abusa delas. A través do desenvolvemento teórico-práctico dos obradoiros, preténdense que os nenos reflexionen sobre o consumo de bebidas que habitualmente toman, tanto eles como as que toman as persoas do seu entorno próximo, proporcionándolles unha información clara sobre o uso/abuso do alcohol e os efectos do mesmo,

O persoal de Prevención do SPAD imparte os obradoiros que comezan cunha introdución participativa do grupo para expresar a experiencia propia en relación ó consumo de bebidas. A continuación, as monitoras fan unha exposición sobre o tipo de bebidas alcohólicas, a súa orixe e graduación, o metabolismo do alcohol, os efectos que produce sobre o organismo a corto e longo prazo, o binomio alcohol e condución, os mitos e crenzas erróneas, as necesidades nutritivas, as propiedades nutritivas e cualidades organolépticas das bebidas saudables.

ras a exposición pásase á parte práctica na que se elaboran bebidas saudables, como zumes ou batidos, a base de froitas e lácteos, basicamente. Os alumnos degustarán as bebidas para dar pe a un coloquio no que se comentará a experiencia e conclusións obtidas na actividade.

Ao longo do curso escolar realizarase esta mesma intervención nos centros educativos dos restantes concellos do noso ámbito xeográfico de actuación, estando programada ata o momento a realización dun total de 19 obradoiros (38 sesións) cunha poboación destinataria prevista de 496 (465 alumnos/as; 31 profesores/as).

Outros programas da Área de Prevención

Como en cursos anteriores, durante o presente curso escolar levaranse a cabo outros programas e actividades preventivas dirixidas aos diferentes niveis educativos dende Infantil e Primaria ata Secundaria e que se implementan con materiais didácticos. Trátase dos programas “Saúde na escola”, “Contos para conversarmos”; Traballo en valores a través do Cine: “O Cine como elemento de prevención” ; “Intervencións socio educativas na aula con temáticas relacionadas coa prevención de drogas legais e ilegais e outras condutas aditivas, factores de risco e protección, educación para a saúde, habilidades sociais e prevención do VIH/Sida”. Tamén se organizan obradoiros afectivo sexuais.

Pais, autoescolas e perspectiva de xénero

A labor preventiva do SPAD esténdese á poboación en xeral impartindo outras actividades fora do ámbito escolar. Son programas como “Máis que un teito”, dirixido aos pais/nais; o Programa “Cambio de Sentido”, realizado nas autoescolas; Programa “Penélope”, de prevención do consumo de drogas dende unha perspectiva de xénero; e o Programa de información e sensibilización consistente nas diversas campañas e difusión de materiais preventivos dirixidas a diversos colectivos específicos e xerais.

22 de febreiro de 2013 | 12:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.