Obradoiro para deixar de fumar
En marzo iniciamos un obradoiro para deixar de fumar no que se empregará o método de redución gradual de nicotina.
En función da demanda, organizaranse grupos de mañá ou de tarde, cun límite de 15 prazas por grupo. As sesións serán no Edificio Multiusos.
As persoas interesadas deberán inscribirse por teléfono no 986 546 014 ou por correo electrónico escribindo a concello.catoira@eidolocal.es e indicando os datos persoais e de contacto.
O obradoiro ten unha cota de inscrición de 10 euros.











