publicidade hoxe

O Rali 1000 Vistas Clásico fará escala en Negreira o sábado 9 de marzo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalNegreira
A-
A+

Trinta e cinco vehículos clásicos de competición farán escala en Negreira o vindeiro 9 de marzo (sábado), pola tarde na praza do Concello. Trátase do paso polas nosas terras do Rali 1000 Vistas Clásico, organizado polo Rali Club de Inverno, e que conta coa colaboración dos Concellos de Carnota, Santa Comba e Negreira, xa que nestas tres localidades é onde están programadas as tres paradas que efectuarán os participantes nunha das probas máis importantes do calendario da Federación Española de Vehículos Antigos.

A participación está limítada a 35 coches, todos eles históricos cunha antigüidade superior ós 25 anos, tratándose na maioría de vehículos excepcionais que rara vez adoitan verse polas nosas estradas. Realizarán un percorrido turístico por estradas de montaña e incluíndo zonas de regularidade cronometradas. A partida será o sábado 9 de marzo, ás 11 horas dende o pazo de Lestrove, en Dodro, para percorrer vías de Lousame, Noia, Outes, Mazaricos ou Carnota, realizando unha primeira parada neste último concello sobre as 12.30 horas da mañá. Logo seguirán hacia Santa Comba pola zona de Olveiroa (Dumbría), e Baiñas (Vimianzo), e pasando por Brandomil hacia a capital do Xallas, lugar da segunda parada da ruta ás 14.30 horas para o xantar. Dende alí, dirixiranse a Negreira pola estrada autonómica que leva a Portomouro (Val do Dubra), para logo adentrarse polo municipio de A Baña, a través de Troitosende, Fiopáns, e ata chegar a Portor.

 En Negreira, os 35 vehículos participantes, entre eles xoias como un Mercedes 190 SLR, un Jaguar XK 120, ou mesmo varios Porsche 911 e 912, entre outros, permanecerán estacionados para o público no recinto da praza do Concello, a partir das 17.15 horas para despois dunha hora emprender a última etapa que lles levará a través da estrada de Pontenafonso ata Liñaio, cruzando o paredón do encoro do Tambre hacia Brión, por Cornanda e Luaña para conectar con Urdilde, adentrándose xa na parte final polo concello de Rois, ata rematar sobre as sete da tarde novamente no pazo de Lestrove, lugar de celebración dunha cea de gala e entrega de premios.

27 de febreiro de 2013 | 11:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.