O punto de información dixital do Servizo Galego de Emprego trasládase á Casa Consistorial

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalOrtigueira
A-
A+

O Concello aposta deste modo por achegar este punto de información ao resto dos servizos municipais relacionados co emprego, fundamentalmente, o servizo de orientación laboral, cuxa función principal é precisamente asesorar as persoas que se encontran en situación de busca activa dun posto de traballo.

O Punto de Información dixital de Ortigueira comezou a funcionar en xaneiro do 2006 e permite ao usuarios, con só colocar o dedo na pantalla, realizar a renovación da demanda e ter acceso ás diferentes webs dos servizos públicos de emprego, tanto nacionais coma autonómicos, para coñecer as ofertas de traballo e de cursos formativos.

Debido á distancia da oficina de emprego de referencia (Ás Pontes) e á falta dun transporte público regular para desprazarse á veciña vila mineira, Ortigueira e Cariño convertéronse en dous dos primeiros municipios de Galicia en contar con este dispositivo do SGE.

25 de febreiro de 2013 | 20:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.