O plan especial de San Salvador dos Penedos entre os finalistas nos XV premios de arquitectura
O xurado do XV Premio COAG seleccionou o Plan Especial de protección, rehabilitación e mellora do medio rural de San Salvador dos Penedos como finalista dentro da categoría de Ordenación do Territorio.
Plan ten por finalidade a protección, xestión e posta en valor dos elementos de valor patrimonial, paisaxístico e ecolóxico presentes no medio rural de San Salvador dos Penedos. O ámbito abrangue unha superficie de 734 hectáreas que recolle solos rústicos adicados a cultivos, pastos, bosques e monte, xunto coas aldeas de San Salvador, Paicordeiro e Xugueiros. O Plan presenta tres obxectivos principais: a protección da diversidade dos hábitats, o fomento de actividades agropecuarias e silvícolas, ás que se incorporan outros solos urbanos relacionados coa educación ambiental e o lecer, e a posta en valor do patrimonio, especialmente o camiño vello (vía da Prata) e a aldea de San Salvador.
O premio de arquitectura celébrase cada dous anos e trata de contribuír a fomentar a calidade arquitectónica, o rigor construtivo e a axeitada implantación da obra no territorio. A XV do premio COAG terá lugar no Teatro Rosalía de Castro da Coruña e a ela asistirán Francisco García, Alcalde de Allariz, Marta Somoza, arquitecta municipal e Celestino Feijoo, técnico coordinador da Oficina Municipal de Urbanismo do Concello de Allariz.











