publicidade hoxe

O Goberno local adxudica o mantemento dos ascensores do Concello cun aforro de máis do 50%

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalPonteareas
A-
A+

O Goberno Local, e concretamente dende a Concellería de Facenda, Belén Villar afirma que se continua traballando en todas aquelas medidas que se poden levar adiante sen necesidade do acordo Plenario, que sempre supón topar enfrente a negatividade dos Grupos da Oposición, que priorizan os seus intereses políticos frente os dos veciños de Ponteareas, dificultando e imposibilitando unha boa xestión dos recursos deste Concello.

A última medida posta en marcha polo Goberno local foi a adxudicación pola Comisión de Goberno do Contrato para o “Mantemento dos doce Ascensores do Concello de Ponteareas”, que amais de incluir o mantemento diario dos equipos inclue a posta a punto daqueles que requiren dunha inversión para o seu correcto funcionamento.

A concelleira de Facenda, Belén Villar, amosa a súa satisfacción porque o resultado do traballo levado a cabo neste eido ve os seus froitos, xa que con este novo contrato, lógrase un aforro para este Concello de mais dun 50% do importe que se pagaba ata agora polo mantemento dos ascensores, o que ben a ser o ano mais de 15.000 eu, quedando incluidas neste contrato todo tipo de pezas e reparacións, así como o custe das revisións de Industria, liñas telefónicas, e outras melloras.

11 de febreiro de 2013 | 13:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.