O desfile de disfraces modifica o percorrido con saída e chegada dende a rúa Alexandre Bóveda
Os grupos e disfraces inscritos para participar no desfile concurso concentraranse nas rúas Alexandre Bóveda e Doutor Carús, para formar e organizarse de cara a realizar a saída ás cinco da tarde. O percorrido comezará a circular cara a rúa Alejandro Cerecedo para seguir por Doctor Tourón en sentido á Praza de España. Os desfile continuará por Edelmiro Trillo e Praza da Independencia. Despois de bordear o xardín, os disfraces dirixiranse por Padre Feijoo á Praza de Galicia para tomar a continuación por Arzobispo Lago e rematar de novo en Alexandre Bóveda.
Tras rematar o percorrido, os concursantes e todas as persoas que o desexen, poderán participar no fin de festa que terá lugar na Praza da Peixería cun baile no que se darán a coñecer os nomes dos gañadores dos distintos premios establecidos pola Concellería de Cultura nas diversas modalidades.
Rúas libres de vehículos antes das catro da tarde
A efectos de facilitar a organización do acto de Entroido, prégase a colaboración dos condutores para que retiren antes das catro da tarde os vehículos aparcados nas rúas polas rúas que compoñen o percorrido do desfile e que hoxe mesmo comezou a sinalizar a Policía Local. A partir das catro da tarde, a grúa da Policía comezará a retirar os vehículos que aínda permanezan nas zonas afectadas. Tamén se pide a colaboracións dos veciños que teñan que acceder ou sacar os seus coches de garaxes situados nas rúas do percorrido, para que o fagan coa antelación suficiente.
Recoméndase aos condutores, tanto aos que retiren os seus vehículos do centro como aos que se acheguen a Vilagarcía para presenciar o desfile, que fagan uso dos aparcamentos disuasorios como o da Maroma e o posterior de Fexdega, a TIR e o Ramal ou a bolsa de estacionamento de Renfe e a zona da Escardia.











