O Consorcio abre o prazo de reserva de praza na Escola Infantil de Carril

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalVilagarcía de Arousa
A-
A+

Os requisitos para acceder á Escola Infantil A Galiña Azul de Carril son que o neno ou nena estea nado no momento de presentación da solicitude, que teña unha idade mínima de tres meses no momento do ingreso e que non teña cumpridos os 3 anos ao 31 de decembro de 2013. Poderán eximirse deste último requisito os nenos con necesidades específicas de apoio educativo.

Aínda que o período para a reserva de praza remata o 21 de marzo, excepcionalmente poderanse presentar solicitudes fora de prazo en casos de acollemento, nacemento ou adopción do nenos con posterioridade ao período de solicitude; ou por cambio de residencia da unidade familiar.

A relación provisional de admitidos e a lista de agarda farase pública o 2 de maio, abríndose a continuación un prazo de 10 días naturais para a presentación de reclamacións.

Os formularios para solicitar a reserva de praza pode obterse na web http://www.igualdadebenestar.org Tamén aí se atopa a lista da documentación que deben achegar as familias para realizar o trámite.

22 de febreiro de 2013 | 12:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.