O Concello solicita da Xunta tres accións formativas para persoas desempregadas
A Concellería de Traballo que dirixe José Manuel Gradaílle vén de solicitar da Xunta de Galicia tres accións formativas dirixidas a persoas en situación de desemprego: Dinamización Comunitaria (noutrora moni-tor sociocultural, aínda que coa novidade de que conta co certificado de profe-sionalidade); Programador de aplicacións orientadas a obxectos (deseño in-formático) e Deseño e modificación de planos en 2D e 3D.
Así mesmo, as tres accións formativas impartiríanse nas instalacións do Centro Cívico e Social Municipal, sito na Avenida Xeneral Morgade cunha duración de 610, 250 e 180 horas respectivamente. As plazas para cada curso están limitadas a 15. Nesta liña, e amáis do contido específico de cada actividade, incluirán a im-partición de dous módulos transversais: “Inserción laboral, sensibilización am-biental e igualdade de xénero” e “Igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e corresponsabilidade familiar e doméstica”. Neste contexto, o Concello confía nunha positiva resposta da Xunta ante a demanda planteada co ánimo de mellorar as posibilidades de inserción laboral das persoas desempregadas do municipio.
Doutra banda, a Administración local tamén informou de que vén de solicitar á Deputación Provincial da Coruña unha subvención de 11.200 euros ao abeiro do programa de limpeza de praias para concellos. O obxetivo é recabar a colabora-ción económica da institución provincial para uns traballos que cada ano se de-senvolven no areal do Puntal valorados nuns 14.000 euros.











