publicidade hoxe

O concello segue mellorando as escolas unitarias

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalPonteareas
A-
A+

O concelleiro de Educación, Andrés Sampedro Fernández, comprobou in situ o desenrolo das obras de mellora na escola unitaria de San Mateo de Oliveira, consistentes no troco das ventás da aula de perfil de ferro e cristal simple, por ventás de aluminio con cristal tipo Climalit e persianas incorporadas. Esta obra leva parello, neste centro, o troco dos balastros electromagnéticos das iluminarias, por balastros electrónicos de alta eficiencia enerxética que ao mesmo tempo eliminan a enerxía reactiva dos balastros electromagnéticos, ademais aumentouse o número de radiadores para poder acadar unha óptima climatización do centro.

Esta obra entra dentro dun plan de mellora e mantemento das instalacións educativas dependentes do Concello. Entre as medidas levadas a cabo nos centros de ensino, tendentes a acadar unha mellor eficacia e eficiencia enerxética o Concello xa leva invertido, no que vai de ano, máis de 25.000 euros.

Asegurou o concelleiro que o Concello é perfectamente consciente de que algunhas instalacións educativas, seguen a necesitar melloras puntuais a pesar de que “neste dous últimos anos estase a priorizar a inversión nestes centros porque a meirande parte deles son moi antigos e mostraban moitas carencias”.

Finalmente, Andrés Sampedro asegurou que o Concello continuará nesa liña de traballo a pesar da política de control de gasto que se está a seguir pero, subliñou o titular de Educación “o total compromiso do goberno local no mantemento das escolas unitarias porque da resposta á poboación rural onde os nenos reciben unha educación nun entorno próximo e de gran calidade, xa que gozan das mellores vantaxes técnicas actuais”.

11 de febreiro de 2013 | 13:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.