Neda entregará tres toneladas de alimentos ás familias con escasos recursos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLocal PortadaNeda
A-
A+

O Concello de Neda recibiu no día de onte preto de tres toneladas de alimentos para distribuír entre as familias sen recursos económicos do municipio que, dende o 2011, están vindo a recoller o seu paquete mensual. Así, entre os 2.772 quilos a repartir figuran productos de primeira necesidade, como aceite de oliva, arroz, cereais infantís, atún, galletas, xudías, lentellas, macarróns, tomate, papillas infantís… Estes alimentos forman parte da axuda da Unión Europea dentro do Plan Comunitario de Axudas Alimentarias pa-ra persoas sen recursos que o Concello de Neda recibe a través de Cruz Roja Española.

Así, o departamento municipal de Servizos Sociais iniciará mañá o reparto entre as 45 familias. E, a maiores, dende o 25 de marzo e de cara á Semana Santa, todos os fogares recibirán outra cesta con parte destes alimentos máis o recadado na campaña “Un neno, un alimento”, actualmente en marcha co respaldo funda-mental dos centros educativos.

Todas as cestas de alimentos levan unha ducia de envases de leite, cinco paquetes de pasta e outras cinco botellas de aceite de oliva, tres paquetes de arroz, dous de lentellas, dez latas de conservas, dous botes de xudías e dous de froita en conserva, garabanzos, alubias e galletas. Cestas que aumentan en función do número de membros do núcleo familiar.

28 de febreiro de 2013 | 17:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.