O Concello de Ordes inviste 119.000 € na instalación dun novo sistema de iluminación

Tarefas de mellora
O proxecto inclúe a instalación de 40 novas farolas que suporán un aforro energético e de gasto dun 25% á par que reducen a contaminación lumínica.
O Concello de Ordes está a levar a cabo nestes días a instalación do novo sistema de iluminación en diversas rúas do casco urbano. Concretamente trátase das rúas Lagartos, Galicia e Rúa Nova, onde o departamento de Urbanismo está a realizar un investimento que supera os 119.000 euros IVE incluído.
“As novas farolas que se están a colocar suporán tanto un aforro enerxético como unha reducción no recibo da luz de preto dun 25% aproximadamente” explica Roberto González, edil de urbanismo do Concello de Ordes. En total son 40 os novos puntos que a empresa Rofaya está a colocar e que estarán en pleno funcionamento ao longo das vindeiras semanas. As novas farolas únicamente proxectan luz nunha única dirección, é decir cara abaixo, eliminando así a contaminación lumínica. Outra diferencia coas anteriores é que estas instalaranse nunha das beirarrúas, xa que dada a altura do mástil proxecta luz a ambos lados dos tramos, polo que o número de farolas vese reducido considerablemente con esta nova medida.











