O Concello de Frades convoca un curso de condutor de carretas elevadoras
O Concello de Frades convoca un curso de condutor/a de carretas elevadoras de 18 horas lectivas, que terá lugar a finais do vindeiro mes de marzo. Un curso para o que xa está aberto o prazo de inscrición no Concello de Frades (981 69 55 67) e que terá un custo de matrícula de 100 euros para os veciños de Frades. O curso será impartido por “Recursos, consultoría e información” e constará tanto de sesións teóricas como prácticas. A sesión teórica impartirase no centro multiusos de Frades, mentres que a sesión práctica terá lugar nun lugar de Frades por determinar. A maiores desas 8 horas presenciais, haberá outras 10 horas formativas on line.
Os alumnos e alumnas que se apunten ao curso estarán capacitados para conducir carretas elevadoras con precisión e seguridade, realizar tarefas de paletización e despaletización, así como facer operacións de mantemento e reparacións básicas na máquina. Unha formación que recibirán de acordo ás normas de seguridade e de prevención de riscos laborais.











