publicidade hoxe

O Concello de Carnota estrea sede electrónica

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarnotaLocal
A-
A+

O Concello de Carnota pon en funcionamento a súa sede electrónica, a través da cal os veciños poderán realizar poderán realizar trámites administrativos sen ter que acudir á casa do concello.

Esta nova ferramenta permitirá axilizar trámites como, por exemplo, a solicitude dun certificado de empadroamento, a inscrición nas escolas deportivas ou a consulta de expedientes, que poderán ser realizados dende a casa as 24 horas do día e os 365 días do ano.

Os usuarios só precisarán o DNI electrónico ou un certificado electrónico, de xeito que se manteñen todas as garantías legais, así como as de confidencialidade e seguridade.

27 de febreiro de 2013 | 11:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.