O Concello de Allariz busca músicos/as para participar na Semana Santa ao Vivo 2013
O Concello de Allariz busca músicos para participar na programación da Semana Santa ao Vivo que se celebrará do 28 ao 31 de marzo.
A Semana Santa ao Vivo é unha proposta cultural de ocio nacida no ano 2000, motivada pola grande cantidade de turistas presentes durante estas datas na vila alaricana.
Como cada ano, o departamento de Promoción Económica do Concello de Allariz continúa traballando para organizar a programación da Semana Santa ao Vivo, unha alternativa diferente que, conxuga música, tradición e cultura para que todo aquel que visite a vila nesas datas se quede coa esencia do que é Allariz.
Este proxecto cultural abarca sobre todo música de rúa, nos seus variados estilos folk, jazz, worldmusic, étnico, blues, etc. Esta é unha peza fundamental, que ameniza os paseos dos transeúntes en diversos espazos do Casco Histórico.
este ano volve a proponse un formato novidoso para contactar con músicos e músicas que se encargarán de darlle vida á Semana Santa. O Concello organiza unha selección na que poderán participar todos aqueles músicos, grupos ou solistas, que estean interesados/as en actuar nas rúas de Allariz durante a Semana Santa.
Os interesados/as deben contactar, antes do 3 de marzo, co departamento de promoción económica de Allariz no correo electrónico dinamizacioneconomica@allariz.com ou no teléfono 988442210.











