O Concello cambia o horario da biblioteca co obxectivo de mellorar o servizo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAresLocal
A-
A+

Co obxectivo de mellorar e dar un maior servizo aos seus numerosos usuarios, a biblioteca municipal vén de mudar o seu horario de atención ao público. Deste xeito, as persoas que queiran disfrutar deste servizo que se presta no edificio da Alianza Aresana poderán facelo de luns a venres, entre as nove e as dúas en horario de mañá, e de 16.30 a oito no de tarde.

Precisamente sobre esta cuestión informou esta mañá aos grupos da oposición o concelleiro de Cultura, o socialista Euegnio Fernández Lago, no marco da comisión informativa desta área.

26 de febreiro de 2013 | 20:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.