O Auditorio Municipal acolle este sábado a obra teatral “As feas tamén se casan”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioCedeiraLocal
A-
A+
Cartaz "As feas tamén se casan"

Cartaz “As feas tamén se casan”

O ciclo municipal de teatro afeccionado “Comediatrium” trae este sábado á vila de Cedeira a obra “As feas tamén se casan” a cargo do Grupo de Teatro da SCR A Pombiña. Como vén sendo habitual, a función dará comezo a partires das 20 horas no Auditorio Municipal de Cedeira, con entradas ao prezo de 2,5 euros.

“As feas tamén se casan” é unha peza teatral escrita por Betty Couce e interpretada pola propia autora, Ramiro Fernández, Rosa Couce, Puri Mira, María Xosé Couce, Carlos Lombao, Pablo Lombao, Fernando Romero e Faustino López. A peza narra a historia das xemelgas Felisa e Marisa que, cando teñen 39 anos, descobren que para ser beneficiarias do testamento do seu pai teñen que cumplir unha condición: estar casadas o día que cumplan os 40. E, por iso, farán todo o posible para contraer matrimonio antes desa data.

27 de febreiro de 2013 | 17:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.