Nove de cada dez viaxeiros en 2012 solo se inspiraron on line para planificar a súa viaxe

Marketing para o turismo
Nove de cada dez viaxeiros en 2012 solo se inspiraron on line para a súa viaxe, segundo algúns estudos. Así o deu a coñecer Elena Rodríguez Benito, Marketing Manager de Internet Advantage, na xornada “O primeiro paso é que te encontren: Search Marketing para o turismo”, a cal destacou con cifras como esta a importancia de que os potenciais clientes dunha empresa turística a atopen facilmente no universo de internet e do valor que supón que os clientes actuais e potenciais poidan encontrala durante todo o seu ciclo de decisión: inspiración, decisión, no momento de facer uso do produto contratado e tamén á volta ás súas casas, para valoralo.
Neste sentido Elena Rodríguez, que impartiu a conferencia esta tarde no marco do salón turístico Turexpo Galicia 2013, apuntou tamén que nove de cada dez viaxeiros ven vídeos á hora de planificar as súas vacacións ou tempo libre, e que antes de reservar, os “futuros” turistas visitan 22 sitios en 9,5 sesións de búsqueda.
A través destes datos esta experta debullou as vantaxes do Serch Marketing, un tipo de mercadotecnia centrada nos buscadores web con importantes beneficios para as empresas turísticas, e tamén as estratexias que o compoñen, como son o posicionamento e publicidade en buscadores, búsqueda social e analítica web.
Así mesmo, abordou o aumento da competencia en internet e tamén o cambio de uso da rede por parte do viaxeiro, que agora é máis social, máis móbil e cun importante compoñente local.
Internet Advantage é unha consultora de mercadotecnia online con máis de 9 anos de experiencia no sector e máis de 40 profesionais. Está especializada en mellorar os resultados online para empresas de turismo, con clientes como Meliá, Barceló, Invisa Hoteles ou WebTenerife.











