Nadal 2012

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalSan Cibrao das Viñas
A-
A+

Os días 26 e 27 de decembro haberá no polideportivo do Concello actividades de nadal para todos os nenos e nenas do concello que teñan entre 5 e 12 anos. Estas actividades desenvolveránse en horario de mañá de 11:00 h. a 13:00 h e os rapaces adicaránse a facer obradoiros navideños, e xogos relacionados co nadal.

O día 28 de decembro está organizada unha visita a Pazolandia para os nenos (5-12 anos), actividade para a que se porá servizo de transporte polos pobos do concello . Para todas estas actividades, cómpre encher unha autorización que está nas oficinas do Concello a disposición de todos os que desexen acudir. Os que desexen participar na nosa proposta navideña deberán anotarse no Concello ata o día 19 de decembro.

15 de febreiro de 2013 | 10:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.