Monólogos con Joaquín Reyes, tributo a Pink Floyd e teatro infantil
O artista Joaquín Reyes estará o vindeiro venres ás 21.30 h no Auditorio, onde nos deleitará co seu espectáculo Soy especial. Ao día seguinte, o sábado ás 21.00 h, actuarán os Pink Tones, que farán un tributo aos míticos Pink Floyd.
O espectáculo de Joaquín Reyes conta as vivencias e anécdotas deste peculiar humorista que leva ao público a través do humor, parodiando á mínima oportunidade a calquera celebridade á que imita con certa ironía e sempre sendo fiel aos seus principios polos cales é recoñecido, o seu marcado carácter manchego, e a súa pouca vergoña no escenario. Nun formato monólogo teatral onde o artista sitúase só fronte aos seus seguidores, cun fío condutor desenfadado, surrealista e comediante.
Este cómico conseguiu colleitar fans e seguidores gracias á creación de programas como La hora chanante, ou Muchachada Nui, onde realiza parodias e se caracteriza de diversas personaxes. As entradas que se merquen anticipadas teñen un prezo de 15 € e 12 €.
Pola súa banda, o concerto dos Pink Tones achegan ao público a obra dunha das formacións máis influentes da música popular de finais do século XX. Teñen por principio manter a fidelidade de son aos temas orixinais, aínda que non reparan en dar pinceladas de personalidade na interpretación dos temas. As entradas teñen un prezo de 25 € anticipadas, e 30 € o día do concerto.
As entradas para estes espectáculos están á venda en www.novagaliciabanco.es.
Teatro Infantil
A maiores destes espectáculos, tal e como ven sendo habitual os domingos ¿ agás o segundo de cada mes-, hai teatro infantil. Este domingo día 24 o Auditorio albergará El Principito, a versión teatral do famoso libro. Na historia se ven desfilar todas as personaxes do conto, as mesmas que nos convidan a unha viaxe emotiva e que, xunto as dos narradores, fannos vivir a aventura do descubrimento. A actividade é ás 12.00 h e ten un prezo de 3 €.











