Miles de persoas acuden a ver as comparsas do Entroido de Tomiño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalTomiño
A-
A+

Miles de persoas acudiron onte a ver o Entroido “Venres de Foliada” en Tomiño.
O desfile reuniu, na súa XVI edición, a 1500 persoas so nas comparsas e carrozas participantes.

Coma noutras edicións, estiveron presentes as comparsas más importantes da vila, entre as que se atopaban Revolución Show, Estrelas da Noite, Luces de Tomiño e Os Terribles de Tebra, así coma outras procedentes non so do municipio, senón tamén doutros puntos da comarca e do sur de Galicia (Salceda, Mos, Vigo, Matamá, San Xenxo, Soutomaior, Pontevedra, etc.).

A saída do desfile, desde a zona próxima ao colexio Pedro Caselles, foi puntual, tal coma estaba previsto.

O Venres de Foliada é un dos desfiles máis multitudinarios da comarca. Grazas ao bo tempo destes días, o público acudíu de forma masiva.

11 de febreiro de 2013 | 13:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.