publicidade hoxe

Mercadona investirá 4,5 millóns de euros na construción das instalacións na avenida Fraga Iribarne

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBetanzosLocal
A-
A+

Mercadona investirá 4,5 millóns de euros na construción dunha nova superficie comercial que executará na avenida Fraga Iribarne segundo o orzamento que figura no proxecto que ten previsto desenvolver a empresa.

Á marxe diso, continúa completando os trámites administrativos agora coa publicación no Boletín Provincial da Provincia do acordo da Comisión de Goberno no que se aprobou de forma inicial o Estudo de Detalle da parcela situada na avenida Fraga Iribarne tramitado por Mercadona. A partir deste momento o estudo permanecerá en exposición pública durante un prazo de 20 días.

O estudo inclúe a ordenación xeral da parcela para a construción das futuras instalacións da multinacional. Unha vez resolta a exposición pública do estudo de detalle e resoltas as alegacións, se é que as houbese, tramitaríase a licenza de obras.

Paralelamente a este proceso, a empresa presentou tamén solicitude para o derrubamento das naves existentes na parcela que nestes momentos se encontra en tramitación. A intención de Mercadona é construír novos equipamentos comerciais que alberguen o hipermercado.

O goberno local destacou a importancia da implantación de empresas como “esta multinacional” que levará consigo á creación de novos postos de traballo e tamén a potenciar comercialmente a zona onde se asentan outras importantes empresas de servizos e distribución, reforzando tamén a cidade como cabeceira comarcal. Precisamente este feito, o que Betanzos sexa cabeceira de bisbarra, o seu posicionamento territorial, foi unha das razóns que impulsado á empresa a asentarse na cidade e realizar este importante investimento.

26 de febreiro de 2013 | 20:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.