publicidade hoxe

Melide inviste en obras e seguridade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalMelide
A-
A+

Dende as concellerias de Obras e de Seguridade se comezou a executar un plan especial de adecentamento de varias rúas do concello ademais dun operativo de sinalización vial.

Esta semana deron por concluidas as diferentes actuacións que se levarón a cabo na rúa Cuba e Bispo Varela Fondevila sendo ambas as dúas moi solicitadas polos veciños da zona xa é unha das rúas que posúe máis tráfico da vila, xa que é unha arteria de comunicación para colexios, escola infantil, pavillón municipal entre outros.

Ditas actuacións que derón comenzo o pasado mes de decembro baseáronse na canalización das augas pluviais, reposición de firme asfáltico e posterior pintado da sinalización vial.

Ditos traballos foron coordinados entre a concellería de seguridade cidadá Mª Jesús López maila edil  de obras e servizos, Rosa Cabado.

Para levar a cabo a sinalización os técnicos correspondentes avaliaron dita área procedéndose  o sinalización horizontal, paso de peóns e límite de velocidade xunto con zonas de aparcamento que tamén serán reforzadas con sinalización vertical.

Queda así arranxado un problema de tráfico e seguridade que se viña acusando nos últimos tempos

25 de febreiro de 2013 | 20:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.