Melide asina un convenio coa Consellería de Traballo para utilizar a UAF
Dito curso dará comezo o vindeiro martes e rematará no mes de abril. Máis de 60 persoas de todas as idades e sexos están inscritas para poder participar nesta actividade.
O Concello de Melide ven de asinar un convenio coa Consellería de Traballo co fin de poder facer uso das instalacións da UAF localizadas ao carón do Centro Médico da vila, onde máis de 60 persoas de diferentes idades poderán aprender novas e variadas receitas de cociña.
Cabe subliñar que nesta ocasión o número de homes matriculados e moi superior o de edicións anteriores, o que supón un aumento considerable por parte deste sector interesado en aprender e coñecer mais polo miúdo o mundo da cociña.
Trátase dunha de tantas actividades que o longo de todo o ano se organizan dende a concellería de Igualdade e Benestar do concello melidense o cargo da cal se atopa a edil Mª Jesús López Mourón que afirma que non é a primeira vez que se levan a cabo éstos cursos de cociña onde soen asistir un número importante de persoas, sen embargo a diferencia é que neste caso un 50% dos matriculados son homes.
Actuacións como a presente incitan a traballar e lograr unha evolución considerable na igualdade de xéneros, algo que a edil da área considera de suma importancia para lograr unha sociedade máis equilibrada.
Este acordo entre Consellería e Concello permitira poder facer uso das instalación da Unidade de Acción Formativa e poder levar a cabo a impartición deste curso de cociña, terá lugar tres días a semana (martes, mércores e xoves) en horario de 20:30h. a 22:30h e que terá o seu remate no mes de abril.











