Máxima afluencia de público no 2º Acto Cultural “O Señor das Dunas”

Instante da representación
O espectáculo, que fixo as delicias dos nenos e non tan nenos, presentou, usando só area sobre unha pantalla, a historia de cinco contos tradicionais galegos.
Apoiados na música e nos efectos de son, tódolos alí presentes, gozaron dun momento de palabra, fantasía e maxia realmente inesquecible.











