Inventario de Camiños de Cela

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBueuLocal
A-
A+

Os interesados e interesadas terán até o 11 de marzo de 2013 para examinar o inventario de camiños públicos do Concello de Bueu (Parroquia de Cela) e presentar reclamacións e suxestións.

O Pleno da Corporación Municipal do Concello de Bueu, en sesión celebrada con carácter ordinario o 14 de xaneiro de 2013 prestou aprobación inicial ao INVENTARIO DE CAMIÑOS PÚBLICOS DO CONCELLO DE BUEU, referidos á PARROQUIA DE CELA.

Publicado o anuncio no BOP o 4 de febreiro de 2013, o mesmo sométese a exposición pública e audiencia aos interesados polo prazo de 30 días dende o seguinte á súa publicación a efectos de exame, reclamacións e suxestións.

Este prazo rematará o 11 de marzo de 2013.

O devandito expediente poderán consultalo nesta páxina web nos documentos anexos e nas dependencias de Secretaría Xeral do Concello en horario de luns a venres de 9 a 13 horas e sábados de 10.00 a 12.00 horas.

12 de febreiro de 2013 | 20:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.